Destacados Vigo al minuto

Infinita Isaura

Vigo lembra á mestra, política e feminista ao cumprirse un ano do seu falecemento

Infinita Isaura

Amigos e compañerios acompañaron este venres a Xela Rodríguez, nun sinxelo acto no que lembraron á súa nai, Isaura Abelairas, ao cumprirse un ano do seu falecemento.

O alcalde, acompañado pola presidenta da Deputación, descubriu unha placa colocada nun banco fronte á praia de Alcabre no que era frecuente ver a Isaura, veciña desta parroquia de Vigo.

Unha vida adicada á educación, á igualdade, á cultura e ao servizo público

Isaura Abelairas, natural do concello lucense de Taboada, foi mestra e entre 1993 e 2007, directora do C.E.I.P. Emilia Pardo Bazán. Ademáis, ocupou as Concellerías de Limpeza e Festas no Concello de Vigo; posteriormente fíxose cargo dos departamentos de Vías e Obras, Cultura, Igualdade, Normalización Lingüística e Política Social, cargo que simultaneó durante anos como responsable de Igualdade na Deputación de Pontevedra.

En xullo de 2020, Isaura deixou o Concello logo de obter un escano por Pontevedra no Parlamento de Galicia. Abelairas morreu na súa casa de Vigo o 3 de xuño de 2021 aos 69 anos de idade.

Infinita Isaura

A placa colocada no banco no que adoitaba sentarse pode lerse: “En memoria de Isaura Abelairas; mestra, política e feminista, que tantos paseos deu por esta praia e tantas veces se sentou aquí a pensar… Estás sempre no noso corazón, só a un pensamento de distancia. Infinita Isaura 1951-2021”.

También te puede interesar