Destacados Vigo al minuto

Licitación das obras da Unidade de Enfermidades Raras do Álvaro Cunqueiro

Prevé atender, anualmente, a uns 120 pacientes

Ojo al tráfico si vas al Cunqueiro

O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) vén de anunciar a licitación da obra da Unidade Funcional Multidisciplinar de Enfermidades Raras no Hospital  Álvaro Cunqueiro, por un importe de 151.299,34 euros .

A este investimento hai que engadir as licitacións, anunciadas o mes pasado, da obra da nova Unidade de Necropsias, por 300.000 euros,  e o proxecto da reforma de Hospitalización a Domicilio, cun investimento  global de 500.00 euros.

O obxectivo destas actuacións é dotar ao Cunqueiro de novos espazos e equipamento de cara a reforzar a súa funcionalidade. Así, executaranse obras que mellorarán as áreas de HADO, Anatomía Patolóxica, Saúde mental,  Cardioloxía,  e as Enfermidades Raras.

Entre 6.000 e 8.000 enfermidades raras que afectan a entre un 5% e un 7% da poboación

Coa nova estrutura,  a Unidade de Enfermidades Raras que xa comenzou a funcionar en febreiro deste ano, disporá dun espazo físico propio.

Este novo dispositivo sanitario, que coordina o diagnóstico e seguimento dos pacientes con estas patoloxías, enmárcase no desenvolvemento da Estratexia Galega en Enfermidades Raras, que ten por obxecto unha abordaxe integral das ER na comunidade galega.

A Unión Europea define como enfermidade rara (ER), minoritaria ou pouco frecuente aquela que, con perigo de morte ou invalidez crónica, ten unha prevaleza menor de 5 casos por cada 10.000 habitantes.

Desde a perspectiva médica, as ER caracterízanse polo gran número e ampla diversidade de desordes e síntomas que varían non só dunhas enfermidades a outras, senón tamén dentro da mesma patoloxía. Estímase que existen entre 6.000 e 8.000 enfermidades raras diferentes que afectan entre un 5% e un 7% da poboación.

120 pacientes anuais na Unidade do Cunqueiro

A nova Unidade do Cunqueiro estará emprazada nas Consultas externas do hospital, na planta -1, e disporá de 3 consultas, 1 sala multifuncional, e 1 sala de espera para pacientes e os seus acompañantes.

Será atendida por un equipo de profesionais composto por un especialista de medicina interna, unha pediatra e unha enfermeiro. No novo dispositivo sanitario vaise  prestar  unha atención integral a estes pacientes, xa que ademais da propia actividade asistencial en consulta, realizarase outro tipo de funcións como a elaboración da súa árbore xenealóxica e a relación de posibles familiares afectados, así como a coordinación da atención por parte doutros servizos hospitalarios.  Se prevé atender anualmente a 120 pacientes entre poboación adulta e infantil.

También te puede interesar