RGPD - Cookies
Comarcas Vigo al minuto

Aberto o prazo para inscribirse nos ‘Campamentos de Verán’ do Porriño

Ata o día 13 de xuño

Aberto o prazo para inscribirse nos 'Campamentos de Verán' do Porriño

Dende o mércores, día 1 e ata o 13 de xuño permanecerá aberto o prazo de inscripción nos campamentos organizados polo Concello do Porriño para favorecer a conciliación laboral e familiar durante as vacacións escolares.

Entre os 3 e os 12 anos

A concellería de Igualdade impulsa este Campamento de Verán  dirixido aos rapaces erapazas de idades comprendidas entre os 3 e 12 anos cumpridos como medida non só de conciliación senón tamén de inclusión.

A actividade desenvolverase  dende o 4 de xullo ao 12 de agosto de 9 a 14 h en instalacións municipais.

As persoas interesadas poderán apuntarse cubrindo a folla de inscrición que se atopa no CIM (terceiro andar do Concello do Porriño) e colgana na páxina web www.oporrino.org. Pode presentarse presencialmente ou rexistrarse por sede electrónica.

Tres quendas

Haberá  3 quendas, unha por quincena,  cun número de prazas limitado de 40 cada unha. As prazas cubriranse por orde de inscrición agás no caso de que o número de solicitudes sexa maior que o das prazas ofertadas, en cuxo caso se valorará segundo baremo que se subirá á páxina web do Concello.

También te puede interesar