Comarcas Vigo al minuto

Nigrán abre este mércores a súa segunda electrolinera gratuita

Está ao carón da Casa do Concello

Nigrán abre este mércores a súa segunda electrolinera gratuita

Nigrán estrea este mércores, 1 de xuño, a súa segunda electroliñeira municipal e gratuíta ao carón da Casa Consistorial. Así, o concello convírtese no primeiro municipio do Estado en número de cargadores públicos.

O primeiro punto de carga semi-rápida atópase no aparcadoiro do Concello e conta con dous tomas de alta potencia de 22 KW válidas para sendos vehículos -compre destacar que a maioría das que se atopan en parkings ou establecementos privados son de 3,6 KW-.

Este novo punto é igual a ese primeiro, que abriu no 2018, e se suma as electroliñeiras instaladas por Iberdrola ao carón do Centro de Negocios do parque empresarial Porto do Molle e fronte ao Pavillón de Panxón, cada unha delas con capacidade para simultanear a carga de 4 coches. A maiores, o Concello dotou de sendos enchufes a dúas prazas de aparcamento do parking público de A Ramallosa.

Só hai que solicitar o servizo

Tódolos propietarios de coches eléctricos poderán empregalo gratuitamente solicitando no Servizo de Atención Cidadá (pranta baixa do Concello) unha tarxeta magnética válida para suministrar enerxía durante un tempo máximo de 120 minutos.

Referencia

Nigrán é unha referencia en termos de promover o uso do vehículo eléctrico entre a veciñanza, incentivamos a súa compra con feitos tanxibles. A electroliñeira do Concello é moi empregada e consideramos necesario ampliala con outra máis”, subliña o alcalde.

Un 40% menos de emisións de CO2 antes de 2030

Juan González sinala que, como parte do plan de acción do ‘Pacto Europeo de Alcaldes polo Clima e a Enerxía’, o Concello ten comprometido acadar unha reducción das emisións de CO2 nun 40% de aquí a 2030, isto suporá que o municipio deixe de lanzar 23.271 toneladas de CO2 á atmósfera.

También te puede interesar