Destacados Vigo al minuto

Confirmada a condena á CRTVG por vulnerar o dereito á liberdade de expresión dun dos seus xornalistas

Terá que indemnizar ao noso compañeiro Carlos Jiménez

Confirmada a condena á CRTVG por vulmerar o dereito á liberdade de expresión dun dos seus xornalistas

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de rexeitar o recurso da Compañía Radio Televisión de Galicia (CRTVG) contra a sentenza do Xulgado do Social nº 1 de Compostela que condenara á corporación o pasado decembro por vulnerar o dereito á tutela xudicial e á liberdade de expresión do xornalista Carlos Jiménez.

Venres Negros

Así, o Tribunal Superior confirma a resolución xudicial de decembro do ano pasado, que impuña á CRTVG o pagamento de 6.251€ en concepto de indemnización de danos e prexuízos, por considerar que a apertura dun expediente disciplinario a Jiménez estaba directamente relacionada coa implicación do xornalista nos chamados “Venres negros“, convocados pola Platafoma Defende a Galegagalardoada co Premio José Couso no ano 2019, contra a manipulación informativa e o desmantelamento dos medios públicos.

Contra a sentenza cabe a imposición dun recurso de casación nun prazo de dez días, unha medida que, segundo algunhas fontes, estaría estudando a dirección da CRTVG. 

También te puede interesar