Galicia Sucesos

Un morto e 57 feridos en accidentes de tráfico a pasada fin de semana en Galicia

Producíronse 49 sinistros

Un trabajador muerto y otro herido grave en un accidente en una cantera de Vilamartín

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 58 persoas debido a 49 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, 27, e as 12 menos un minuto da noite deste domningo, 29 de maio.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 65 chamadas en relación cos accidentes de tráfico.

Os recursos sanitarios mobilizados foron 62. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en 5 accidentes; o helicóptero medicalizado atendeu en 2 sinistros; as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 50 casos e os equipos sanitarios de Atención Primaria, prestaron asistencia sanitaria en 5 accidentes.

En 43 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 14 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto.

También te puede interesar