Galicia Vigo al minuto

Os centros de chamadas, en folga este xoves

Con mobilizacións en Vigo

Os centros de chamadas, en folga este xoves

A federación de Banca da CIG continúa co seu calendario de mobilizacións para reclamar un convenio colectivo
digno para o sector dos centros de chamadas.

Folga de 24 horas e concentración diante de Unísono

Así, convoca unha nova xornada de folga este xoves 26 de maio para denunciar que tras dous anos de negociación a patronal négase a aplicar unha suba salarial que garanta a recuperación do poder adquisitivo, ademais de pretender perpetuar a precariedade laboral.

Coincidindo co paro de 24 horas a central sindical desenvolverá concentracións diante das instalacións de Unísono en Vigo (Gran Vía, 110) e no Obelisco na Coruña ás 11:30 horas.

Postura «inmobilista» da patronal

De igual xeito que fixera hai un mes e repetiu o pasado 13 de maio, a CIG-Banca decidiu promover unha nova
xornada de folga pola falta de avances na negociación do convenio e ante a postura inmobilista da patronal, que
teima en recortarlle ao persoal dereitos que xa ten consolidados.

Unha «proposta de miseria»

As delegadas/os da CIG no sector denuncian que, despois de anos de perda salarial e cun medre da carestía da
vida imparábel, a oferta do empresariado limítase a un 0% para 2020, un 0,8% para 2021, un 2,5% para 2022 e
IPC+0,5% (co tope do 2,5%) para 2023
.

Esta proposta de “miseria” non garante nin sequera o mantemento do poder adquisitivo nun sector no que “xa hai categorías que, tras da última suba, foron superadas polo SMI e polo tanto tiveron que ser actualizadas ao salario mínimo”.

Seguen as contratacións a tempo parcial

Dende a CIG sinálase que, ademais, a patronal quere seguir mantendo a contratación a tempo parcial (con contratos de até 15 horas, pero ampliándoos cando ás empresas lles conveña); e aproveitar a nova reforma laboral para ampliar os prazos dos contratos temporais “e seguir manténdonos na absoluta precariedade, en vez de acatar a sentenza da Audiencia Nacional e facer indefinido a todo o persoal”.

«Recorte de dereitos e precariedade»

Outra das aspiracións das compañías pasan por reducir os complementos de IT e as horas médicas, flexibilizar a
xornada máxima anual “segundo lles pareza”, eliminar o máximo de 39 horas semanais ou que excedencia
especial só poida collerse fóra do verán ou do período de Nadal.

«Roubo a cara descuberta»

Por iso na CIG consideran queisto non é unha negociación, é un roubo a cara descuberta que nos condena ao
empobrecemento e á escravitude”
, polo que chaman o persoal a seguir loitando por un convenio xusto e digno
para os centros de chamadas e a secundar a nova xornada de folga convocada.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.