Galicia Vigo al minuto

O Sergas extende o ‘Programa de cribado de Cancro de Cérvix’, o segundo máis frecuente entre mulleres

En Vigo estará operativo ao longo de 2023

O Sergas extende o 'Programa de cribado de Cancro de Cérvix', o segundo máis frecuente entre mulleres

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, anunciou o despregamento do programa poboacional de cribado de cancro de cérvix ao conxunto de Galicia. 

Máis de 621.000 mulleres

Este programa está destinado ás máis de 621.000 mulleres galegas con idades comprendidas entre os 35 e os 65 anos, e que ten por obxectivo reducir a morbi-mortalidade e a incidencia deste cancro entre poboación galega. 

O despregamento deste programa levarase a cabo dun xeito progresivo e ao longo deste ano 2022, estará operativo nas áreas sanitarias de Lugo, Ferrol e Pontevedra.  Ademais, no ano 2023 completarase a súa expansión ás sete áreas sanitarias galegas, ao implantarse nas de A Coruña, Santiago, Ourense e Vigo

Explicacións do conselleiro de Sanidade

547 casos

Entre os anos 2016 e 2020, o Sergas diagnosticou un total de 547 casos con esta patoloxía, das que o 42’6% precisoaron dunha intervención cirúrxica. Nese mesmo período de tempo, o número de altas no Servizo Galego de Saúde por diagnóstico deste tumor ascendeu a 1.203, o que representa unha media anual de 253 altas.

O segundo candro máis frecuente en mulleres

Segundo os últimos estudos do Sergas, a rede sanitaria pública galega pasou de detectar casos nunha media de idade dos 61 anos -en 2016-, aos 54’4 anos -en 2020-. Grazas a este tipo de accións preventivas “o Servizo Galego de Saúde consegue diagnosticar cada vez máis cedo unha patoloxía” que, na actualidade, xa é o segundo cancro máis frecuente en mulleres. 

Virus do Papiloma Humano (VPH)

O cancro de cérvix é unha das principais causas de cancro entre mulleres a nivel mundial, sendo unha das neoplasias malignas que se poden controlar máis eficazmente.

Unha fase preclínica prolongada e a identificación de fases premalignas con posibilidade de tratamento efectivo e sinxelo, confírenlle a posibilidade de instaurar medidas de detección precoz, engadindo ao obxectivo de detección precoz do cancro o da redución da incidencia, tal e como sucede no caso do cancro colorrectal. 

O Virus do Papiloma Humano (VPH) é o responsable de practicamente a totalidade das lesións pre-cancerosas e os cancros de cérvix. Porén, a primeira proba de cribado é a detección de infección por VPH-AR que, de resultar positiva, requiriría unha citoloxía posterior. 

Sefundo subliña a directora Xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, os datos da pilotaxe organizada polo departamento que dirixe no distrito centro da área sanitaria de Lugo, e na que Sanidade convidou ás probas de cribado a un total de 6.234 mulleres nas dúas modalidades de participación existentes: autotoma ou cita médica. 

Do total de mulleres convidadas, participaron no cribado 3.046, o que representa unha participación do 49,1%. Delas, o 4,4% obtiveron un resultado positivo en infección en VPH-AR, polo que posteriormente deberon realizar unha citoloxía dentro deste programa para confirmar o diagnóstico. Ademais, entre todas estas probas detectáronse dous cancros.

Os datos da pilotaxe, reflicten que a positividade foi superior no grupo de idade de 35 a 44 anos, diminuíndo a medida que aumenta a idade. 

También te puede interesar