Comarcas Vigo al minuto

Nigrán arrancará xuño cos chiringuitos de praia en pleno funcionamento

Estarán en Patos, Area Fofa, Panxón, Madorra e Praia América

Nigrán arrancará xuño cos chiringuitos de praia en pleno funcionamento

Concello de Nigrán ven de adxudicar os chiringuitos de praia do municipio por un importe total de 153.948 € con prezos de licitación que oscilaron desde os 30.525 € de Panxón aos 7.300 € do posto de churros de Lourido.

Desde esta fin de semana

A maioría deles comenzarán a funcionar desde esta mesma fin de semana e ata o 30 de setembro. Os prezos mínimos mantivéronse iguais que o ano 2021, obtendo o Concello unha mellora nas ofertas de 60.548 €.

En total, o Concello disporá coma nos anos anteriores de 7 chiringuitos de venda de xeados, refrescos e alimentos (2 en Patos, 1 en Area Fofa, 1 na Madorra, 1 en Panxón e 2 en Praia América) e 1 de venda de churros en Praia América. A novidade é que o espazo de ocupación nesta tempada se amplía lixeiramente ata poder ocupar os 70 metros cadrados.

“Traballo para familias de Nigrán”

“Temos que ter en conta que este é un servizo de praia que dá traballo a diferentes familias de Nigrán que tradicionalmente puxan por estes quioscos e, ao mesmo tempo, ofrecen un servizo que os cidadáns agradecen. Ademais, compre destacar que este verán volveremos a estar máis preto que nunca da normalidade anterior ao Covid, polo que a previsión de negocio é maior”, indica o alcalde Juan González.

Cafetería nas ‘Dunas de Gaifar’

Adicionalmente, o Concello de Nigrán contará este verán coa cafetería do complexo deportivo municipal ‘Dunas de Gaifar’ (Panxón) aberta.

Con este obxectivo a sacou a licitación tras sometela a unha ampla renovación cun investimento de 48.348 €. Os pregos están pendurados na Sede Electrónica-Perfil do Contratante en www.nigran.es e o prazo de presentación de propostas permanece aberto ata o 30 de Maio.

Neste caso o cánon mínimo é de 25.243,73 €/ano e o único criterio de adxudicación será a mellora do mesmo. “Este verán abrirá ao fin xa cunha imaxe totalmente renovada para ofrecer un servizo de calidade a veciños e visitantes nunha zona onde ademais existe demanda ao estar ao carón da praia e o centro de saúde“, explica o alcalde.

También te puede interesar