Comarcas Vigo al minuto

O Rosal abre o prazo para inscribirse no Campamento de Verán do Concello

Terá un prezo de 100 a 125€ ao mes, dependendo do horario

O Concello do Rosal abrirá o vindeiro luns 23 de maio o prazo de inscrición para participar no Campamento de Verán municipal.

Nenas e nenos de Infantil e Primaria

Está dirixido a nenos e nenas matriculados o curso 2021/2022 en 4º, 5º ou 6º de educación infantil ou en educación primaria.

O obxectivo desta iniciativa é «conciliar a vida familiar e laboral a través de actividades educativas e lúdicas coas que dinamizar o tempo libre de rapaces e rapazas tras rematar o período lectivo», como salienta a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

Xullo e agosto

O campamento, que se desenvolverá na Escola de Marzán durante os meses de xullo e agosto, contará con 20 prazas de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas e outras 10 prazas en horario de 08.00 a 15.00 horas.

O prezo por persoa será de 100 ou 125 euros ao mes, dependendo do horario solicitado.

Empadrodos no Rosal

Poderán solicitar praza aqueles nenos e nenas empadroados no Rosal ou que os seus pais, nais ou titores legais traballen ou posúan un negocio no municipio.

As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude ata o vindeiro 3 de xuño por Sede Electrónica ou presencialmente no Rexistro municipal en horario de 09.00 a 14 horas.

Documentación

A documentación necesaria é: solicitude de participación; autorización de recollida do ou da menor, cuestionario de saúde e autonomía persoal; fotocopia do DNI do pai/nai/titor/titora do ou da menor; fotocopia do libro de familia; situación laboral; vida laboral e certificado de discapacidade do ou da participante, de monoparentalidade ou de familia numerosa en caso de precisalo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.