Galicia Vigo al minuto

Felipe VI inaugurará, este martes en Vigo, a Cidade da Xustiza e Navalia

Chegará ás 10:30 horas

Felipe VI inaugurará, este martes en Vigo, a Cidade da Xustiza e Navalia

Tal e como informara hai unhas semanas vigoalminuto, o xefe do Estado inaugurará o martes, día 24, a ‘Cidade da Xustiza’ de Vigo.

Unha nova vida para o vello ‘Pirulí’

O antigo ‘Pirulí’ será o fogar de 38 xulgados e dúas seccións da Audiencia Provincial de Pontevedra, nel traballarán máis de 500 persoas e contará, entre outros servizos, cunha escola infantil para nenos de 0 a 3 anos.

Felipe VI estraá acompañado pla ministra de Xustiza, Pilar Llop; o presidente da Xunta, o do Consello do Poder Xudicial, Carlos Lesmes; o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones; o presidente do Parlamento galego, Miguel Ángel Santalices, ou o alcalde, Abel Cabalelro, entre outras autoridades.

O acto comezará ás 10:30h., co descubrimento dunha placa á entrada do edificio, e de seguida o xefe do Estado percorrerá a nova sede xudicial.

Tamén Navalia

Felipe VI acudirá tamén a Navalia, no IFevi, que terá lugar en Vigo do 24 ao 27 deste mes, inaugurando a súa 8ª edición, que fora posposta dúas veces pola COVID.

También te puede interesar