Cultura Vigo al minuto

A sala de lectura do Auditorio Mar de Vigo amplía o seu horario de 9 da mañá a 12 da noite

Dende este venres, 20 de maio e ata o 15 de xullo

A sala de lectura do Auditorio Mar de Vigo amplía o seu horario de 9 da mañá a 12 da noite

Considerando que estamos nunha época de grande demanda e de exames, a sala de lectura do Auditorio Mar de Vigo amplía o seu horario de funcionamento desde este venres, 20 de maio, e ata o 15 de xullo. Así o horario de apertura, de luns a domingo, será dende as 9 da mañá ata as 00:00 horas da noite.

Ata o de agora a biblioteca permanecía aberta de 9 a 21 horas, polo que o goberno local aumenta o servizo tres horas máis cada día para dar máis facilidades ás persoas usuarias.

No caso do resto das salas de lectura dependentes do Concello, mantense o horario establecido ainda que dende o Goberno local estarán «atentos á demanda”, para ampliar o servizo no caso de que fose preciso.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.