O presidente da Xunta asegurou nunha entrevista concedida á Cadena Cope que a visita de Juan Carlos I a Sanxenxo é «unha magnífica noticia».
Pon a Galicia no mapa
Alfonso Rueda, que asegurou non ter confirmación da viaxe do anterior xefe do Estado a Galicia, comentou que cando estivo outras veces en Sanxenxo a súa estadía tivo un «impacto positivo» polo «agarimo da xente» e o «beneficio» que supón, tanto para este concello como para toda a Comunidade, «dende o punto de vista de poñernos no mapa».