Vigo al minuto

Marea de Vigo leva ao Pleno a fin do contrato de Vitrasa e a municipalización dos buses urbanos

“Leva meses coaccionando ao goberno de Abel Caballero”

"Vitrasa, pretende que los vigueses le paguemos 31 millones más"

Marea de Vigo leva ao próximo Pleno do Concello a fin do contrato de Vitrasa e a municipalización do servizo de transporte urbano.

“Meses coaccionando ao goberno de Abel Caballero”

Así o Grupo municipal da Marea de Vigo defenderá unha moción pedindo a toma de medidas inmediatas para poñer fin ás dinámicas do Grupo Avanza para co Concello de Vigo. Segundo o voceiro de Marea, é “unha empresa que leva meses coaccionando ao Goberno de Abel Caballero sen ter recibido ningún tipo de contundencia nas resposta e levando ao persoal á conflictividade permanente”.

A situación económica do Concello permite remunicipalizar o servizo

Rubén Pérez apunta que trasladará na moción que “co que queda por amortizar do contrato e cun orzamento expansivo como o noso é asumible xestionar de xeito directo este servizo, a través de empresa pública ou directamente” explica Pérez. “Xa é hora de fiscalizar o o uso dos recursos que pagamos todos os vigueses e viguesas polo transporte público” engade.

Igualmente, “ante a posible quebra da concesión, e sendo este un argumento tamén utilizado polo Grupo Avanza – incide Pérez -, propoñemos que a primeira opción deberá ser a xestión directa do servizo” .

“Ameazas permanentes” de Vitrasa

En todo caso, Marea de Vigo considera que as actuacións de Vitrasa e as permanentes ameazas de recortes de dereitos no seu persoal, “son razóns máis que suficiente para que o Concello se propoña volver a ter unha empresa 100% públicaconclúe o voceiro.

También te puede interesar