Destacados Vigo al minuto

Alfonso Rueda, novo presidente da Xunta

Obtivo 41 votos a favor e 33 en contra

Alfonso Rueda, novo presidente da Xunta

Alfonso Rueda Valenzuela (Pontevedra, 1968) foi elixido polo Parlamento de Galicia novo presidente do Goberno galego. Rueda obtivo o apoio de 41 deputados do Partido Popular, incluido o seu antecesor, Alberto Núñez Feijóo -todos agás o seu voceiro, Pedro Puy Fraga, que ingresou no hospital logo dunha indisposición-

Os 33 deputados da oposición– 19 do Bloque Nacionalista Galego, e 14 do PSdG-PSOE, votaron en contra da elección.

Sexto presidente da Xunta en 40 anos

Rueda, que tomará posesión, previsiblemente o sábado, día 14, é o sexto presidente do Goberno galego, logo de Xerardo Fernández Albor (1982-1987); Fernando González Laxe (1987-1990); Manuel Fraga Iribarne (1990-2005); Emilio Pérez Touriño (2005-2009) e Alberto Núñez Feijóo (2009-2022).

Ademáis, a Xunta tivo outros dous presidentes ‘preautonómicos’: Antonio Rosón (1977-1979) e José Quiroga (1979-1982).

También te puede interesar