Vigo al minuto

TerraCeo arrinca este sábado a súa terceira edición no Auditorio Mar de Vigo

Con ‘Digitalism’ y el vigués Mwëslee

TerraCeo arrinca este sábado a súa terceira no Auditorio Mar de Vigo

O aprazamento da actuación de Anni B Sweet, prevista para este venres na terraza do Mar de Vigo, fará que o dúo de electrónica alemán Digitalism sexa a formación que abra a terceira edición de TerraCeo, acompañados polo vigués Mwëslee (20:30h.).

Digitalism é ao mesmo tempo un dos proxectos máis divertidos e imaxinativos, serios e extáticos que hai agora mesmo no panorama da electrónica a nivel internacional, e ademais, a data de Vigo será unha das poucas actuacións que ofrezan no noso país.

Datas do Festival TerraCeo

Maio: 7 de maio-Digitalism Dj Set + Mwëslee; 13 de maio-Hens + Babykatze; 14 de maio-Taburete + Carla Lourdes; 28 de maio-Ladilla Rusa.

Xuño; 3 de xuño-Xisco Feijóo; 4 de xuño-A banda da loba + Fillas de Cassandra; 18 de xuño-Ángel Stanich + MaríaSOA.

Xullo:1 de xullo-Soleá Morente + dani; 2 de xullo-Berto + Familia Caamagno; 8 de xullo-La Zowi; 9 de xullo-Lila Downs + Sés (trío); 30 de xullo-Ortiga + Grande Amore.

Agosto:19 de agosto-Salvador Sobral + Abe rábade; 27 de agosto-Delafé y las flores azules-Única data en Galicia

Máis espectáculos este fin de semana no Mar de Vigo

Mar de Vigo continúa en paralelo co resto de espectáculos previstos para este mes celebrando o duodécimo aniversario de ‘Noites de Retranca’ con Manuel Manquiña, VíctorFábregas e Luis Zaheraeste domingo 8 de maio.

Un evento que empeza a rozar o cartel de‘localidades esgotadas, o monólogo ‘Melancoholemia‘ de Antón Reixa o día 27 de maio na Sala Polivante; os concertos degREAT sTRAITS, o novo proxecto de Óscar Rosende,considerado o “Mark Knopfler galego”; a presentación do novo traballo de Mägo de Oz,‘ Bandera negra’; a xira de despedida de Los Motores despois de 32 a

Todas as datas dos espectáculos poden consultarse na web do Auditorio Mar de Vigo e na billetera www.teuticket.com

You may also like