RGPD - Cookies
Galicia Vigo al minuto

O Rosal transformará a estrada vella de San Miguel de Tabagón

Para que recupere parte da súa identidade orixinal

O Rosal transformará a estrada vella de San Miguel de Tabagón

O Rosal porá en marcha un novo proxecto que transformará a estrada vella de San Miguel de Tabagón que foi presentado pola alcaldesa ante á veciñanza.


Ánxela Fernández Callís, acompañada do equipo técnico do proxecto, explicou aos presentes que o obxectivo da reforma é «mellorar a calidade dunha contorna que conta cun perfil urbano cun carácter singular, ao tempo que se aumenta a seguridade dos percorridos peonís».

A alcladesa subliñou que a intención é que «estas rúas recuperen parte da súa identidade orixinal, máis favorable para o paseo e as relacións cotiás e sociais entre a veciñanza».

Execución

O proxecto de reforma comezará a executarse pola zona máis deteriorada da estrada vella, ao carón da ferraxería, onde unha das principais accións que se levarán a cabo será a renovación dun muro de contención de mampostería.

A intervención xeral consistirá na renovación de pavimentos con materiais e elementos que contribúan a unha circulación máis calmada e a unha maior integración paisaxística.

Prioridade ás persoas

Farase «dándolle prioridade ás persoas e creando espazos de calidade máis seguros, con vías accesibles e inclusivas que fomenten unha mobilidade máis saudable e sustentable«, salientou a alcaldesa.

Fernández Callís puxo en valor a implicación e compromiso de toda a veciñanza do barrio, que durante o encontro realizou algunhas achegas relevantes sobre temáticas como a problemática das pluviais nesa zona de escorrentía que se incorporarán ao proxecto. 

También te puede interesar