Destacados Vigo al minuto

Rueda será presidente da Xunta o día 14

Será o sexto xefe do executivo galego na súa historia

Rueda será presidente da Xunta o día 14

O Parlamento de Galicia celebrará do martes, 10 e o xoves, 12 de maio, o Pleno de investidura de Alfonso Rueda (Pontevedra, 1968) como novo presidente da Xunta e está previsto que xure ou prometa o cargo o sábado, día 14.

Dacordo coa previsión da Mesa da Cámara, o martes 10, Rueda intervirá para expoñer a súa proposta de Goberno e os voceiros dos grupos da oposición intervirán o xoves, día 12.

Sexto presidente do Goberno de Galicia

Alfonso Rueda, será o sexto presidente do Goberno galego, logo de Xerardo Fernández Albor (1982-1987); Fernando González Laxe (1987-1990); Manuel Fraga Iribarne (1990-2005); Emilio Pérez Touriño (2005-2009) e Alberto Núñez Feijóo (2009-2022).

Ademáis, a Xunta tivo outros dous presidentes ‘preautonómicos’: Antonio Rosón (1977-1979) e José Quiroga (1979-1982).

También te puede interesar