Galicia Vigo al minuto

A Xunta estuda a viabilidade das medidas para o abastecemento de auga a Vigo

Oponse ao bombeo do Verdugo ao Oitavén

A Xunta publica no DOG o proxecto da 1ª fase da humanización da Avenida de Galicia, en Teis

A Xunta solicitou xa á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil o inicio da tramitación ambiental para avaliar a viabilidade das medidas propostas para o abastecemento a Vigo e a súa declaración como actuación de
interese xeral do Estado.

O bombeo do Verdugo ao Oitavén “nin é necesario nin achega solucións”

Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, indicou no Parlamento que a Confederación Miño-Sil debe avaliar de forma obxectiva e rigorosa a viabilidade ambiental das intervencións que prevé ese documento.

Entre outras medidas, figuran o bombeo do río Verdugo ao río Oitavén; unha nova presa augas arriba deste; o bombeo desde o Miño ata o encoro de Zamáns; duplicar a sección do túnel de Amoedo ou conectar ao sistema as traídas de Nigrán, Gondomar e Baiona.

A conselleira adiantou que para a Xunta o bombeo do Verdugo ao Oitavén nin é necesario nin achega solucións.

Non achegaría auga suficiente

Vázquez precisou que esta actuación levaría aparellado un maior gasto enerxético e non achegaría suficiente volume de auga en momentos de escaseza, máxime tendo en conta que a bacía dos dous ríos xa é moi limitada en circunstancias normais.

Concretou que esta actuación tamén pode resultar incompatible co Plan Hidrolóxico de Galicia-Costa, pois en episodios de seca o volume de auga de ambos os ríos queda reducido ao caudal ecolóxico.

A conselleira remarcou que a Xunta non apoiará nin esta nin ningunha outra actuación que non conte co imprescindible aval ambiental.

O abastecemento a Vigo xa está garantido agora

Ethel Vázquez asegurou que actualmente o abastecemento a Vigo e ao sur da provincia, está garantido é que do que se trata é achegar solucións que resolvan calquera problema de abastecemento futuro, no ano horizonte de 2070.

Estudo de alternativas

A responsable de Infraestruturas lembrou que a realización deste estudo de alternativas no que se ponderaron todas as posibilidades para blindar o abastecemento foi proposta en 2018 pola Xunta.

Neste sentido lembrou que a iniciativa da Xunta foi aceptada polo Concello de Vigo e polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e, a partes iguais entre as tres administracións, acordouse financiar a realización do estudo, cuxa execución foi asumida pola Confederación Miño-Sil.

O informe da a raxón a Xunta

Ethel Vázquez subliñou que o informe indica que a Xunta estaba no certo ao amosarse convencida de que o principal problema do abastecemento a Vigo era a súa potabilizadora do Casal, xestionada polo Concello.

Polo tanto, incidiu en que as obras de modernización da potabilizadora municipal, que o Concello negou durante anos pero que iniciou finalmente o pasado mes de outubro, son imprescindibles para garantir a calidade da auga.

Lamentou o tempo perdido, xa que no ano 2017, estando o encoro de Eiras ao 37%, é dicir, cun volume de auga nada desdeñable, o abastecemento á poboación estaba en risco porque a potabilizadora non podía garantir a súa calidade.

También te puede interesar