Galicia Vigo al minuto

O Goberno computará a poboación de Cíes e Ons para as axudas ás Illas Atlánticas

En total este ano contarán con 3 millóns de orzamento

O Goberno computará a poboación de Cíes e Ons para as axudas ás Illas Atlánticas

O Goberno do Estado deulle a razón á Xunta na súa vella demanda para que se teña en conta a poboación residente nas illas Ons e Cíes á hora de repartir entre todos os parques o orzamento destinado a axudas.

Consello de Parques Nacionais

Así se confirmou durante a última reunión do Consello da Rede de Parques Nacionais, na que participaron por a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, e o director conservador do Parque Nacional das Illas Atlánticas, José Antonio Fernández.

Os dous lembraron que Galicia levaba tempo reivindicando que se computara a poboación insular de ambos arquipélagos a efectos do reparto de fondos, tal e como se facía xa no caso dos Picos de Europa.

3 millóns de euros

Desta forma e por primeira vez, as Illas Atlánticas beneficiaranse dun factor corrector do 0,64% na distribución territorializada das subvencións estatais para proxectos e actuacións, un programa que este ano contará cun orzamento global de 3 millóns de euros.

A aplicación deste axuste poboacional no caso de Galicia permitirá que manteña e mesmo mellore a súa posición no reparto dos fondos estatais reservados a estas axudas, a pesar de que este ano hai un parque nacional máis —Serra das Neves—.

También te puede interesar