Galicia Vigo al minuto

Piden que a antiga escola unitaria de Atios sexa a nova Escola Infantil do Porriño

Dado que é un dos concellos coa natalidade máis alta de Galicia

Piden que a antiga escola unitaria de Atios sexa a nova Escola Infantil do Porriño

O Grupo Socialista vén de instar á Xunta a que asuma a cesión da antiga Escola Unitaria de Atios, a través dun
convenio de colaboración co Concello de Porriño, para poñer en marcha unha nova escola infantil
no municipio.

Fíxoo, hoxe, a deputada Leticia Gallego, dentro dunha batería de iniciativas impulsadas neste sentido no Parlamento de Galicia.

Así solicitaba a deputada Leticia Gallego a nova escola para o Porriño

Un dos concellos coa natalidade máis alta

Porriño é unha das vilas coa taxa de natalidade máis alta de Galicia e as prazas dedicadas a Educación Infantil no concello a día de hoxe son insuficientes”, afirma a deputada.

Gallego incide na “problemática” que existe con respecto á conciliación familiar e laboral na sociedade actual. “Un dos elementos fundamentais para facilitala é a oferta de prazas públicas”, sentenciou.

Chegar a outras parroquias

Neste contexto, propuxo crear unha nova escola infantil no rehabilitado inmoble da Escola Unitaria, xa que ademais “diversificaría xeograficamente a oferta de prazas ao longo do termo municipal e daría servizo a todos os porriñeses e porriñesas, especialmente nas zonas de Atios e Budiño”, dado que as escolas infantís Galiña Azul que xa existen están noutras parroquias.

Fondos procedentes do Goberno de España

Gallego pediu ao Executivo de Feijóo que poña en marcha esta infraestrutura aproveitando os fondos que recibirá a Comunidade por parte do goberno de España provenientes do ‘Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia’ para a creación en Galicia de 3.417 prazas públicas para nenas e nenos de 0 a 3 anos.

Te podría interesar