Comarcas Vigo al minuto

O Concello de Covelo mellora os accesos e camiños en varias parroquias

Destinará preto de 80.000€ entre fondos propios e achegas do Plan Concellos

O Concello de Covelo mellora os accesos e camiños en varias parroquias

Ao longo destes meses, o Concello do Covelo executará o proxecto de acondicionamento de accesos e camiños en Barcia de Mera, Godóns, Prado da Canda e San Salvador de Prado.

Preto de 80.000€

Financiado con fondos propios a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra supón un custo total de 78.770,50€ e, unha vez rematadas as obras, os camiños poderán entrar en servizo en condicións de viabilidade óptimas.

Deste xeito, darase “un mellor acceso á veciñanza, facilitando o subministro diario de servizos e posicionando as novas iniciativas de emprendemento turístico nun posto de saída máis competitivo”, explica o alcalde. Pablo Castillo reitera a importancia de investir na mellora da calidade de vida dos cidadáns.

Movementos de terras e desmontes

Para a execución das obras será preciso, entre outros traballos, realizar movementos de terras, excavacións de desmonte, demolición de pavimento antigo, mellora de drenaxes e instalacións de beiravías, como no caso do tramo na rúa da Bouza en Prado da Canda.

Igrexa, en San Salvador

Na pista da igrexa en San Salvador de Prado, ademais de realizar traballos similares aos anteriores, limparanse os arcéns, recreceránse tres pozos de rexistro e mellorarase a seguridade viaria pintando as marxes de todo o camiño, entre outras medidas.

Camiño de Ucedo

No camiño de Ucedo en Barcia de Mera as obras, ademais de permitir unha mellor conexión, contribúen no apoio á novas propostas turísticas, motor da dinamización económica do concello. “Non só facilitamos o acceso aos hóspedes dos aloxamentos se non tamén aos servizos diarios que precisan este tipo de actividades empresariais e a veciñanza en xeral. Apostar pola mellora dos espazos e infraestruturas públicas son, tamén, un elemento importante para asentar e fixar poboación”.

Petouto e Oleiros

O proxecto tamén contempla o acondicionamento do camiño de Petouto en Godóns e o camiño de Oleiros en Barcia de Mera actuando na totalidade de catro mil metros cadrados e 1.200 metros lineais que benefician a arredor de 50 vivendas.

También te puede interesar