RGPD - Cookies
Destacados Vigo al minuto

4,7 millóns máis de axudas pola COVID para os locais de lecer nocturno de Galicia

Recibirán entre 2.500 e 45.000€ por local

4,7 millóns máis de axudas pola COVID para os locais de lecer nocturno de Galicia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este martes a ampliación, até os 4,7 millóns de euros, das axudas extraordinarias dirixidas aos titulares de negocios de lecer nocturno que pecharon en fin de ano.


1,2 millóns máis

A Conselleria de Emprego e Igualdade engade 1,2 millóns os 3,5 millóns iniciais, para compensar as perdas destes establecementos.

Non afecta a outras solicitudes

Este aumento das axudas non afectará ás solicitudes xa realizadas, que seguirán o seu curso ordinario e recibirán, de cumprir cos requisitos, os pagos das axudas directas que lles correspondan, segundo indican dende a Xunta.

479 empresas co obxectivo de superar as 600

A Consellería de Emprego informa de 479 locais xa recibiron axudas e que o obxectivo é superar as 600, entre discotecas, pubs, cafés-espectáculo e salas de festa e de concertos.

Estas axudas fináncianse con fondos REACT-UE, recibidos polo Goberno de España por parte da Unión Europea fronte ao COVID e distribuidos ás comunidades autónomas.

Entre 2.500 e 45.000€ por local

As axudas varían en función da superficie dos establecementos: 2.500 euros se teñen menos de 100 metros cadrados; 5.500 euros para os que teñan entre 100 e 250 metros cadrados; 9.000 euros para os de 250 a 500 metros; 14.000 para os que conten cunha superficie entre 500 e 700 metros; 27.000 euros naqueles que teñan entre 700 a 2.000metros; e un total de 45.000 euros para os grandes establecementos, con máis de 2.000 metros cadrados.

También te puede interesar