Galicia Vigo al minuto

Nigrán ofrece un curso de inglés aos hostaleiros, para mellorar a atención aos turistas

Xa se pode facer a inscrición

Nigrán ofrece un curso de inglés aos hostaleiros, para mellorar a atención aos turistas

Concello de Nigrán aposta por posicionarse como destino de calidade internacional mellorarando a atención ao peregrino e ao turismo estranxeiro nun dos sectores que máis trascende en redes sociais: a hostalaría.

Do 26 de abril ao 13 de maio

Por este motivo, en colaboración con Ovalmi, ofrece desde o martes 26 de abril e ata o 13 de maio un curso gratuíto de inglés de 53 horas para que aquelas persoas que traballan en establecementos de restauración adquiran unhas competencias mínimas que lles permitan atender satisfactoriamente a este tipo de clientes e, adicionalmente, aumenten a visibilidade do negocio en redes elaborando un vídeo e dous post, ademais de traducir a carta.

Inscricións

O curso desenvolverase nun bloque presencial de 9 sesións de 27 horas entre o 26 de abril e o 13 de maio no Pazo de Pías e de 26 horas non presenciais. Os interesados deben inscribirse a través do 697891872 (independentemente de que estean asociados a Ovalmi).

Este curso está dirixido a través da academia de inglés de Nigrán ‘Active Projects’ xa que, precisamente, eles mesmos levaron adiante un estudo específico no que analizando 28 locais de A Ramallosa, Nigrán centro, Panxón e Patos observan que ningún deles ofrece a día de hoxe unha soa mensaxe dirixida ao cliente estranxeiro.

Camiño Portugués pola Costa

En contraposición, o Camiño Portugués pola Costa que atravesa Nigrán é o que máis está crecendo de todos (de 168.558 peregrinos no 2017 a 201.228 no 2019) sendo un 60% deles estranxeiros e a maioría deles angloparlantes.

“Unha vez pasadas as restricións sanitarias o Camiño segue a crecer e temos que aproveitalo para posicionar o municipio como destino de calidade e aumentar a visibilidade deste sector internacionalmente”, explica o alcalde, Juan González.

Nigrán, destino de calidade

Así, o obxectivo final e axudar a posicionar a Nigrán como destino de calidade, aumentar a visibilidade do negocio para os clientes foráneos con mensaxes atraíntes e fidelizalos, mellorar a experiencia do peregrino no contacto directo e, obviamente, perfeccionar a competencia lingüística dos profesionais.

Explicación da carta, atención durante a comida e despedida

Para acadalo, no módulo presencial de 27 horas aprenderán a acoller ao cliente (benvida e entrada no establecemento), breve explicación da carta e petición das bebidas, momento de entrega e explicación máis específica da carta, atención durante a comida por se precisan algo ou amosando interese e, finalmente, despedida.

Ademais, traballarase nunha sesión específica en situacións especiais que poden darse mentras están no local. Nas outras 26 horas non presenciais concretarase con cada participante a elaboración de dous post para redes sociais e un vídeo promocional de calidade profesional.

“En definitiva, queremos que o visitante estranxeiro teña unha experiencia máis que satisfactoria na súa estancia en Nigrán e que, grazas a iso, se traslade esa imaxe e boa opinión tamén ás redes sociais”, resume o alcalde.

También te puede interesar