RGPD - Cookies
Galicia Vigo al minuto

Eurocidade Tui-Valença organiza 5 etapas polo Camiño Portugués de Porto a Tui

Eurocidade Tui-Valença organiza 5 etapas polo Camiño Portugués de Porto a Tui

A Eurocidade Tui-Valença promociona o Camiño Portugués da Costa dende Porto ata Tui cunha camiñada en 5 etapas que se van realizar entre 21 de maio e o 9 de xullo.


12€ por etapa

A participación está limitada a 50 persoas e ten un prezo de 12 euros por etapa, incluíndo o transporte até o punto de partida, seguro, auga e froita.

Fines de semana

A primeira etapa realizarase o sábado 21 de maio percorrendo os 27 quilómetros dende a Sé de Porto até Vila do Conde.

O sábado 28 de maio, será a segunda, de 28 quilómetros, dende Vila do Conce a Marinhas. Continuará o 18 de xuño coa etapa entre Marinhas e Viana do Castelo de 26 quilómetros.

Xa o 2 de xullo realizarase o percorrido entre Viana do Castelo e Caminha cun total de 27 quilómetros. Por último o 9 de xullo realizarase a derradeira etapa, de 25 quilómetros dende Caminha, pasando por Vila Nova de Cerveira, Valença e chegando a Tui.

Información

As persoas interesadas poden ampliar esta información en [email protected], ou chamando aos teléfonos 607 785 601 e 00351 934 440 770.

Circuito de andainas, en marcha

Precisamente o circuíto de andainas e camiñadas da Eurocidade Tui-Valença comezan este domingo, 24 de abril, coa Andaina de San Telmo cun percorrido de 7 quilómetros e guiada polo club AndaTui Rego da Pedra.

A inscrición, cun prezo de 6€ e inclúe auga, froita, seguro e un aperitivo no remate, pode facerse en www.andatui.es.

También te puede interesar