RGPD - Cookies
Comarcas Vigo al minuto

Rouban e causan graves danos na capela de San Benito

Os ladróns levaron cartos e estragaron o altar

Rouban e causan graves danos na capela de San Benito

A Capela de San Benito, no Porriño, foi obxecto dun roubo con forza e destrozos no mobiliario e imaxes. Axentes da Policía Local e da Garda Civil abriron xa unha investigación para dar cos responsables dos feitos.

Os autores do roubo accederon ao interior e fixéronse co lampadario -peto con donativos a cambio de velas iluminadas-, ademais de causar múltiples danos no altar e nas imaxes relixiosas.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, mostrou a súa «rotunda condena» a uns feitos que «non só supoñen un gran dano patrimonial, senón tamén ao sentir de moitos porriñeses e porriñesas».

También te puede interesar