Galicia Vigo al minuto

Nigrán abre desde hoxe o prazo para presentar ofertas aos quioscos de praias

Haberá sete en total en Patos, Area Fofa, Madorra, Panxón e Praia América

Concello de Nigrán abre desde hoxe e ata o 11 de maio o prazo para a presentación de ofertas para explotar os quioscos de praia este verán. A tempada será de maio ao 30 de setembro, igual que o ano pasado.

Mantense os prezos

Os prezos tamén se manteñen, oscilando desde os 2.500 € de Area Fofa ou Madorra aos 24.000 € de Praia América. A convocatoria foi publicada no Boletín Oficial da Provincia (BOPP).

Oito quioscos

En total, o Concello oferta 7 quioscos de venda de xeados, refrescos e alimentos (2 en Patos, 1 en Area Fofa, 1 na Madorra, 1 en Panxón e 2 en Praia América) e un de venda de churros en Praia América. A novidade é que o espazo de ocupación se amplía lixeiramente a superficie que poden ocupar ata os 70 metros cadrados.

Presentación de ofertas

Os interesados poden presentar as súas ofertas no Rexistro Xeral do Concello, estando as bases publicadas na sede electrónica da web municipal ou impresas na Oficina de Información Cidadá.

«Hai que ser optimistas e ter en conta que este verán volveremos a estar máis preto que nunca da normalidade. Temos que ter en conta que este é un servizo de praia que dá traballo a diferentes familias e que, ao mesmo tempo, os cidadáns agradecen», indica o alcalde Juan González.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.