Galicia Vigo al minuto

‘Dereito a Morrer Dignamente’ denuncia que a Xunta entorpece a petición da eutanasia

Seguindo as instrucións de «sectores integristas e reaccionarios»

A Asociación Dereito a Morrer Dignamente (DMD Galicia) vén de denunciar que a Xunta, a través da Consellería de Sanidade, está a entorpecer o dereito á petición da eutanasia.

DMD Galicia  reclamou, reiteradamante, á Xunta que dispuxese os medios necesarios para facer efectivo o dereito á prestación sanitaria de morte asistida medicamente, que os galegos podemos pedir dende xuño de 2021, logo de que se aprobase a Lei Orgánica de regulación da Eutanasia (LORE) en matrzo do ano pasado.

Retrasos

Dereito a Morrer Dignamente denuncia o retraso na creación da Comisión de Garantía e Avaliación; a carencia de iniciativas da Consellería de Sanidade para a formación de profesionais e administradores sanitarios sobre o contido da Lei; os procedementos a aplicar para facela efectiva; a ausencia de actuacións de sensibilización e información á sociedade sobre o novo dereito e o Testamento Vital; mesmo o impreso que no SERGAS se ofrecía ás persoas para rexistrar o seu Testamento Vital (por ocultar o dereito a anticipar a solicitude de eutanasia se a persoa chegase a atoparse nun dos  tipos previstos na Lei).

En datas recentes, despois de denuncias públicas e iniciativas parlamentarias, coñeceuse que a Consellería de Sanidade viña de modificar o impreso para o rexistro do Testamento Vital.

Entorpecemento intencionado

No documento actualmente vixente, xa modificado despois da denuncia de DMD Galicia, suprimíronse as referencias ás normas legais que sustentan o Testamento Vital, e introduciuse a posibilidade de elección de eutanasia.

Sen embargo, no mesmo dase a entender que a morte asistida medicamente podería proporcionarse á persoa contra a súa vontade se esta non deixara dito explicitamente que non quere a eutanasia.

A lei é moi clara

A Lei é absolutamente clara ao respecto (Capítulo II, arts. 4 e 5): as persoas só poderán acceder á eutanasia previa solicitude realizada en plenas condicións de capacidade; dispoñendo da información necesaria, e sen coacción algunha. Esa solicitude poderá facerse anticipadamente mediante a súa constancia expresa no Testamento Vital.

Rexistrar a solicitude de eutanasia no Testamento Vital

DMD Galicia recomenda que se rexistre a solicitude de eutanasia no Testamento Vital por quen non querendo continuar a súa vida nas condicións de enfermidade ou estado crónico e incurable causante de sufrimento intolerable, tal como prevé a Lei para acceder á morte asistida medicamente, poida perder de forma irreversible a súa capacidade legal para adoptar esta decisión como consecuencia de enfermidade ou accidente.

A Xunta pretende conculcar o dereito á eutanasia

«Non ten ningún sentido aparente, induce á confusión e mobiliza o temor á morte por acción médica, propoñerlle ás persoas que fagan constar explicitamente no documento de rexistro do Testamento Vital que non queren a prestación de eutanasia ou que non se pronuncian ao respecto, tal como se contén no documento reformado pola Consellería», sinalan dende DMD Galicia.

Acción impulsada por «sectores integristas e reaccionarios»

Para a Asociación Dereito a Morrer Dignamente, esta «é unha acción que xa foi impulsada, hai agora un ano, polos sectores máis integristas e reaccionarios daqueles que que se opoñen á regulación da eutanasia, coa finalidade de crear confusión e provocar o medo, en particular entre as persoas maiores».

A Consellería de Sanidade fai «oposición activa» á eutanasia

Desde hai anos denuncian que no Rexistro de Instrucións Previas da Consellería  de Sanidade -espazo administrativo onde se rexistran os testamentos vitais)- faise oposición activa ao dereito das persoas a exercer libremente a súa vontade en relación aos tratamentos médicos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.