RGPD - Cookies
Comarcas Vigo al minuto

45 nenas e nenos participan no Campamento de Semana Santa do Porriño

Desenvolverase os días 11, 12, 13 e 18 deste mes

45 nenas e nenos participan no Campamento de Semana Santa do Porriño

45 nenas e nenos de entre 3 e 12 anos participaron este luns na primeira xornada do Campamento de Semana Santa do Concello do Porriño.


O alcalde, Alejandro Lorenzo, e a concelleira de Educación e Igualdade, Carolina González, achegáronse ata o pavillón municipal, onde se está a desenvolver a actividade, para darlles a benvida e desexarlles que disfruten ao máximo da experiencia.

Seguridade, autoestima, igualdade ou solidariedade

As cativas e cativos levarán a cabo moitas actividades dirixidas a fortalecer as súas habilidades, potenciar a súa seguridade e autoestima e traballar os valores de cooperación, igualdade, solidariedade e respecto.

O campamento desenvolverase os días 11, 12, 13 e 18 de abril en horario de mañá.

También te puede interesar