Vigo al minuto

Vigo superará o 50% de ocupación hoteleira esta Semana Santa

Nos días festivos será de preto do 65%

Vigo superará o 50% de ocupación hoteleira esta Semana Santa

A falta de reservas de última hora, condicionadas polas novas formas de planificar das persoas que viaxan e tamén pola climatoloxía, a Deputación de Pontevedra estima para esta Semana Santa unha ocupación media nos establecementos turísticos da provincia superior ao 60%. Esa porcentaxe, será de 10 puntos máis os días fetivos, entre o xoves santo e o domingo.

As Rías Baixas, ‘destino favorito de Galicia’

Novamente, as vivendas turísticas, cunha estimación de ocupación media en torno ao 80%, e os aloxamentos rurais, con preto do 70%, sitúanse ao fronte das preferencias das viaxeiras e viaxeiros.

Con estas previsións, que poderían mellorar substancialmente dependendo do tempo, Rías Baixas recuperaría os niveis previos á pandemia e, sinalan dende a Deputación, «consolidaría os seus datos como destino favorito en Galicia».

Vigo, achégase ao 60%

Aínda que neste período vacacional é frecuente que as reservas se pechen na última hora, as expectativas de Turismo Rías Baixas son positivas o que «confirma que a calidade do destino Pontevedra Provincia prémiase por riba de factores
conxunturais».

No sur da provincia, concretamente na comarca de Vigo e nos municipios de Baiona e Nigrán, agárdanse porcentaxes que durante a semana superarán o 60% e nos días festivos rozarán o 90%.

Este mesmo venres, o alcalde situaba a ocupación, a día de hoxe na cidade, no 50% e as reservas xa feitas de xoves santo a domingo en preto do 65% o cal, asegurou, «é un dato moi bo».

Noutras zonas como Sanxenxo as previsións apuntan xa a preto do 80% de ocupación nos establecementos hoteleiros de superior categoría durante os días festivos.

Vivendas turísticas

Pola súa banda, no que respecta ás vivendas turísticas, a provincia acadará unha ocupación media superior ao 80% durante a Semana Santa, xa que «tense convertido na zona de maior demanda de vivendas turísticas de Galicia«.

Estes establecementos, a día de hoxe, trátanse dos que rexistran o maior número de reservas debido, principalmente, á tendencia xerada na pandemia pero tamén á maior demanda de aloxamentos familiares.

Ademais están xa a recibir reservas para o verán o que» augura unha excelente temporada para as vivendas turísticas da provincia». En canto aos aloxamentos de turismo rural, Turismo Rías Baixas estima unha ocupación media para toda a provincia de preto do 70%.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.