Galicia Vigo al minuto

Tomiño contrata a 30 persoas desempregadas ao abeiro do Plan Concellos

Dunha educadora social, pasando por unha bióloga a 16 peóns

800.000€ do 'Plan+Provincia' da Deputación para contratar a 81 persoas desempregadas

O Concello de Tomiño vén de realizar un proceso de contratación de persoal municipal ao abeiro da subvención concedida pola Deputación de Pontevedra no marco do Plan Concellos 2022, liña 3, destinada ao “emprego para a conservación de bens e servizos municipais”.

Seis meses

En total foron contratadas 30 persoas desempregadas con contratos de 6 meses de duración, que se foron incorporando ao seu posto de traballo no mes de marzo, unha vez concluídos os procesos de selección. 

De una educadora social, pasando por unha bióloga, ate 16 peóns de xardinería

Concretamente, foron contratados 2 soldadores de estruturas metálicas lixeiras; unha educadora social; unha bióloga; un oficial albanel e 2 peóns albaneis; 16 peóns de xardinería; un condutor-operador de retroescavadora oficial de segunda; 2 electricistas oficiais de primeira; un mecánico de mantemento e reparación de automoción xeral oficial de segunda e 3 técnicos administrativos.

No proceso de contratación foi investido un total de 289.930,26 euros, dos cales 275.763,84 están subvencionados pola Deputación de Pontevedra, achegando o Concello os 14.166,42 euros restantes.

También te puede interesar