RGPD - Cookies
Galicia Sucesos

Fin de semana sen mortos nas estradas galegas

Un total de 45 persoas resultaron feridas

Fin de semana sen mortos nas estradas galegas

Os profesionais do 061-Galicia asistiron durante a fin de semana 45 persoas debido a 40 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 15:00h. do venres, día 1, e as 12 menos un minuto da noite deste domingo pasado, 3 de abril.


A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 52 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Así, os recursos sanitarios mobilizados foron, en 3 accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado; en dúas o helicóptero medicalizado; en 45 as ambulancias asistenciais de soporte vital básico e en dúas os equipos sanitarios de Atención Primaria.

En 32 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en   13 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

También te puede interesar