Destacados Vigo al minuto

Demoras de ata catro semanas para ser atendido polos Servizos Sociais do Concello

O BNG alerta de que hai 60.000 vigueses en risco de exclusión

Aprobadas as bases para oposicións ao Concello dos anos 2020, 2021 e 2022

O Bloque Nacionalista Galego denuncia demoras “intolerábeis” de até tres e catro semanas para ser atendido nos servizos sociais do Concello de Vigo.

Reforzos

Dende o Bloque reclámanse “reforzos urxentes do Goberno municipal” nesta materia diante do agravamento da emerxencia social na cidade, derivada da escalada de prezos, e reitera a petición de incrementar os recursos neste departamento ante a insuficiencia de medios que padece desde hai anos.

“Máis de 60.000 peroas en risco de exclusión”

“Estas demoras son absolutamente inadmisíbeis nunha cidade con máis de 60 mil persoas en risco de exclusión social e pobreza, con máis da metade dos fogares de Vigo atravesando serias dificultades para chegar a fin de mes e con máis de 20 mil persoas desempregadas, criticou o concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas.

Ao límite do colapso

O edil subliñou que os medios dos que dispoñen os servizos sociais son “insuficientes” e levan demasiado tempo “ao límite do colapso”, co seu persoal asumindo case cinco veces máis poboación da recomendada. Así, o Consello Xeral de Traballadoras Sociais estabelece unha recomendación de 3 mil habitantes por cada traballador ou traballora, unha ratio que en Vigo supera as 15 mil persoas.

120 millóns de euros sen gastar

Igrexas afeou a falla de compromiso do goberno de Abel Caballero pese a que o Concello dispón de recursos para enfrontar a actual situación de crecente empobrecemento. Só no último exercicio, apuntou o concelleiro do BNG, “quedaron sen gastar 120 millóns de euros do orzamento municipal e restan máis de 70 millóns que poden ser mobilizados nas contas deste ano”.

Parapeto social

“Urxe unha resposta enérxica e decidida por parte do Goberno municipal”, demandou Igrexas, que destacou o feito de que “nunca a cidade dispuxo de tantos medios económicos para converterse nun verdadeiro parapeto social, nesa primeira liña de coidados que evite que a actual agudización da crise económica, laboral e produtiva se traduza nun novo saqueo contra a maioría social”.

También te puede interesar