RGPD - Cookies
Destacados Vigo al minuto

Veciños de Teis demandan unha saída á rúa Ángela Iglesias e cuestionan as escaleiras mecánicas

Aseguran que as escaleiras impedirían que o autobús chegase ao Centro de Saúde

Veciños de Teis demandan unha saída á rúa Ángela Iglesias e cuestionan as escaleiras mecánicas

A Asociación Veciñal de Teis vén de demandar unha saída á rúa Ángela Iglesias e cuestiona o proxecto anunciado dende o Concello dunhas escaleiras mecánicas.


Nunha nota enviada aos medios de comunicación explican que a rúa Ángela Iglesias Rebollar, non conta cunha saída e ten un desnivel do 15% que separa a Avenida de Galicia do centro de saúde de Teis. «Isto supón un grave problema para unha parte da veciñanza sobre todo maior», apuntan.

Por iso, a asociación veciñal considera necesario darlle unha saída a está rúa, o que permitiría que o autobús urbano (a liña C3) chegara ao centro de saúde e facilitaría a accesibilidade da veciñanza con mobilidade reducida.

Escaleira mecánica

En relación coa proposta da colocación dunha escaleira mecánica no medio da rúa, desde Asociación consideran que é «unha mala proposta». Comentan que «as escaleiras impedirían que acceda o autobús até o centro de saúde, eliminarían moitas prazas de estacionamento e estragarían a rúa».

‘Elevadores’

Consideran que o Concello ten que atopar outro emprazamento para as escaleiras mecánicas ou «procurar outra alternativa, como a colocación duns elevadores no lugar», como propuxeron hai semanas á Concellaría de Fomento.

También te puede interesar