RGPD - Cookies
Galicia

66.400 fogares galegos percibirán en abril entre 228 e 473 euros do ‘Bono social térmico’

E o complemento extraordinario de 100 € que vén de activarse

66.400 fogares galegos percibirán en abril entre 228 e 473 euros do 'Bono social térmico'

66.400 fogares galegos comezarán a percibir ao longo do mes de abril o importe que lles corresponde do bono social térmico e o complemento extraordinario de 100 € que vén de activarse.

Dáse así cumprimento, explicou hoxe o presidente da Xunta, ao compromiso adquirido no plan de choque para mitigar a suba de prezos de axilizar esta axuda e ampliala.

Entre 228 e 473 euros

As contías oscilarán entre os 228 e os 473 € en función de se a familia é considerada vulnerable ou moi vulnerable e da zona climática de Galicia onde se resida. Ademáis, os beneficiarios non terán que facer ningún trámite, xa que recibirán o ingreso na súa conta bancaria de forma automática.

También te puede interesar