Destacados Vigo al minuto

A Xunta anuncia que ultima co Ministerio de Cultura a Biblioteca do Estado en Vigo

Asegura que terá 8.000m2 e non os 4.000 cos que se conformaba o Concello

A Xunta aproba o plan especial do Concello para construir a Biblioteca do Estado

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, mantivo un encontro en Madrid coa directora xeral do Libro e de Fomento da Lectura, María José Gálvez, para ultimar os detalles do proxecto da construción da nova biblioteca do Estado en Vigo.

O Goberno acepta a “proposta da Xunta”

Lorenzo celebrou que finalmente “o Goberno aceptase a proposta que fora enviada pola Xunta en 2020 para que este novo centro conte con 8.000 m 2 e dea así resposta ás necesidades da cidade”.

Segundo o Goberno galego, “a reunión dá continuidade ao traballo levado a cabo pola Xunta nos últimos anos, para acadar non só que Vigo conte cunha biblioteca pública do Estado, senón que esta “se adaptase ás necesidades dos vigueses”.

‘Loitando’ por unha biblioteca á altura da cidade

“Desde o primeiro momento desde o Gobero galego traballamos para que Vigo teña a biblioteca que merece, con propostas axustadas á realidade da demanda actual e que lle permitisen estar á altura do resto das grandes
cidades”
, expresou o secretario xeral de Cultura.

Así, asegura, “fronte aos 4.000 m 2 que ofrecía inicialmente o Ministerio e que contaba co beneplácito do Concello de Vigo, a Xunta presentou en 2020 un programa de necesidades que fixaba en 8.000 os m2 precisos para dar unha resposta axeitada para o volume de poboación da cidade”.

Un edificio de entre 3 e 4 alturas

Recentemente, o Ministerio de Cultura y Deporte notificou á Xunta que aceptaba a súa proposta de máis de 8.000 m2 e dado que a parcela cedida polo Concello de Vigo é inferior, de 5.900 m 2 , a solución proposta polo Ministerio que se consensuou na reunión, pasa pola construción dun edificio de entre tres ou catro alturas que incluirá soto, baixo e unha ou dúas plantas, segundo o proxecto construtivo.

Proposta de distribución de espazos

No encontro, o representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade presentou a proposta da Xunta para a distribución de espazos con estes metros cadrados, que será agora estudada polo Ministerio.

E ademais:

También te puede interesar