RGPD - Cookies
Cultura Vigo al minuto

Preto de 190 curtas presentadas á XIX edición do Festival de Cans

Recibíronse traballos procedentes de varios países do mundo

Preto de 190 curtas presentadas á XIX edición do Festival de Cans

O Festival de Cans, que este ano celebra entre o 18 e o 21 de maio a súa XIX edición, pechou nestes días o prazo de inscrición das curtametraxes a concurso achegándose ás 200 obras inscritas.


187 obras

En total, foron 187 curtametraxes, videoclips e obras diversas, as que se apuntaron na web do festival para buscar un oco entre as finalistas.

Recibíronse un total de 52 obras de ficción, 48 videoclips, 32 obras de non ficción na categoría Furacáns e 33 en Novas Camadas, 4 curtametraxes de animación e 20 obras de diferentes formatos.

De Galicia a Israel

Desde a organización destacan o salto cualitativo das obras a concurso que, ademais de Galicia, chegaron procedentes de distintas cidades do Estado como Madrid, Barcelona, Extremadura ou Valencia e doutros países, coma o Reino Unido, Portugal, os Estados Unidos, Francia ou Israel.

Máis de 10.000€ en premios

O festival volverá superar nesta XIX edición a cifra dos 10.000€ en premios. En concreto, aumenta as dotacións nas categorías Furacáns, destinada ás obras de non ficción, e Novas Camadas, destinada a creadores novos.

Estas dúas seccións son as que máis medraron nas dúas últimas edicións, e o festival quere deste xeito seguir potenciándoas.

También te puede interesar