Vigo al minuto

A Xunta licita por 11,5 millóns a urbanización da primeira fase de Navia

Con 733 vivendas, carril bici ou 9.600 m2 de zona verdes

A Xunta licita por 11,5 millóns a urbanizazión da primeira fase de Navia

A Xunta sacou a licitación por 11.453.034,13 millóns de euros, as obras de urbanización do primeiro dos tres polígonos de San Paio de Navia. As empresas interesadas teñen ata o 2 de maio para presentar as súas ofertas.

Fase1

O obxectivo é acondicionar a chamada fase 1, que abrangue case 100.000 m 2 e representa máis dun terzo da superficie de todo o ámbit. No mesmo están previstos traballos de pavimentación, sinalización de vías e semaforización, accesibilidade, xardinería —con 9.600 m 2 de zonas verdes e 222 árbores-.

Dúas áreas de xogo

Ademáis, realizaranse obras de equipamento urbano —incluídas dúas áreas de xogo e unha de exercicio adaptadas para persoas con diversidade funcional —, e a construción das redes de abastecemento, saneamento, enerxía eléctrica, iluminación, gas e telecomunicacións.

Carril bici

Así mesmo, tamén se acometerá a construción de 1,18 quilómetros do carril bici proxectado en San Paio de Navia, o que supón máis da metade da súa lonxitude total —2,2 quilómetros—.

733 vivendas, 207 delas de promoción pública

Só nesta primeira fase están proxectadas 733 vivendas protexidas —das 1.600 previstas en toda a ampliación—, cuxas obras se poderán ir acompasando ás actuacións de urbanización.

Deses inmobles, 207 son de promoción pública; 331 serán levantados por cooperativas e promotores; e 195 corresponden ás permutas de solo.

28,5 millóns en total

O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) licitou en xaneiro a redacción do proxecto e dirección de obra das primeiras 79 vivendas de promoción pública (VPP) deste ámbito. Asi mesmo, ten prevista a licitación das restantes 128 no vindeiro mes de abril.

En total, o investimento estimado para as 207 vivendas de promoción pública é de 28,5 millóns de euros.
Ademáis, a Xunta ten preparado o concurso para adxudicar as parcelas dispoñibles no polígono 1 —98 cunha superficie de 22.584 m 2 — que permitirán construír 331 vivendas.

Pendente da aprobación por parte do Concello

Dende a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda apuntan que as obras de urbanización e as de construción non se poderán adxudicar, nin tampouco convocar o concurso de solo, ata que o Concello de Vigo aprobe o proxecto de urbanización do polígono 1.

Precisamente, hoxe mesmo, o alcalde mandou aos medios unha ‘nota de audio’ na que asegura que este proxecto está aprobado e que a Xerencia de Urbanismo fará o mesmo, o martes, día 29, co ‘Polígono 2’.

Declaracións do alcalde sobre Navia

Dilatación dos trámites e incremento do importe de licitación

Neste sentido, dende a Consellería aseguran que a documentación correspondente á primeira fase da ampliación foi presentada polo IGVS en abril de 2021, pouco antes de que lle foran remitidos tamén os documentos dos dous polígonos restantes.

Desde entón, afiman “o Concello realizou multitude de requirimentos que foron dilatando a tramitación e, nalgúns casos, mesmo supuxeron cambios de criterio ou a inclusión de elementos que non foran requiridos polo Goberno local con anterioridade”.

Cambio de toda a rede de abastecemento

Así, para adaptarse á preferencia manifestada polo Concello, “a Xunta aceptou cambiar toda a rede de abastecemento de polietileno a fundición, un xesto de boa vontade co fin de tentar desbloquear a tramitación dos proxectos”.

Espesor da capa de rodadura

De igual xeito, o IGVS tamén se adaptou ás preferencias,manifestadas a posteriori polo Concello” con relación á capa de rodadura dos viarios, “incrementando o seu espesor por encima do que esixe a normativa”.

Un ‘sobrecusto’ de 2,4 millóns

“Estes dous cambios solicitados polo Goberno local, máis aló das esixencias legalmente establecidas, obrigaron aos redactores a facer novos cálculos e adaptar os tres proxectos orixinais, ademais de carrexar un aumento dos custos previstos inicialmente que, sumado á suba experimentada polos materiais de construción, ascende en total a 2,4 millóns de euros”.

De 24,6 a 27 millóns

Así, afirman dende a Consellería, “cando en abril do ano pasado o prezo base de licitación estimado para urbanizar as tres fases da ampliación era de 24,6 millóns de euros, agora suma xa 27 millóns de euros, case un 10% máis”.

265.000 m2

O novo ámbito residencial de San Paio de Navia abrangue unha superficie total de 265.000 m 2 no que se prevé realizar un investimento público-privado de 250 millóns para habilitar 1.600 novas vivendas protexidas.

También te puede interesar