Comarcas

A alcaldesa de Ponteareas insta ao conselleiro de Sanidade a que contrate máis médicos

Mantivo un encontro con Julio García Comesaña en Santiago

A alcaldesa de Ponteareas insta ao conselleiro de Sanidade a que contrate máis médicos

A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, mantiveron un encontro en Santiago no que abordaron os problemas da sanidade pública na localidade.

O encontro prodúcese unha semana despois da multitudinaria manifestación celebrada en Ponteareas e apoiada polo goberno local demandando á Xunta melloras na sanidade pública.

Falta de médicos en Ponteareas

Cristina Fernández lembrou ao conselleiro os graves problemas polos que atravesa o Centro de Saúde de Ponteareas. Entre eles a falta de asignación de médico a 9.000 habitantes polo escaso persoal. O conselleiro unicamente se comprometeu a cubrir as prazas da quenda de mañá sen concretar solucións para as da tarde.

Nova unidade de Saúde Mental

Na reunión García Comesaña adiantou á alcaldesa a intención da Xunta de crear a nova unidade de saúde mental no
Centro de Saúde, unha decisión que Cristina Fernández valorou positivamente “pois se trata dun servizo imprescindíbel polo número de persoas usuarias e que agora se ven obrigadas a acudir a Lavadores en Vigo”.

Colaboración

Respecto á solicitude de colaboración feita pola Consellaría no mes novembro pasado para que o Concello ceda terreos para un futuro Centro de Saúde, a alcaldesa reiterou a “nosa disposición total a ceder os terreos necesarios,
sabendo que se trata dunha previsión da Xunta sen prazos que o Conselleiro non puido concretar”.

É «contradictorio» falar dun novo centro de saúde

Cristina Fernández considera que “agora a prioridade é dotar ao centro actual dos médicos e profesionais que se precisan. Resulta contraditorio falar dun novo centro de saúde cando no actual non se presta a debida atención pola escaseza de persoal”, recalcou a rexedora.

Sen previsións concretas

Na carta da Consellaría do mes de novembro unicamente se adiantaba ao Concello que a edificabilidade do novo centro se cifraba en 5.000 metros cadrados construídos.

Fernández Davila, que acudiu á reunión acompañada do arquitecto municipal, explicou ao Conselleiro que para ofertar terreos axeitados o Concello necesita saber tamén se o novo centro será complementario do actual ou este quedará en desuso, cal será o número de usuarios e de profesionais do novo centro para calcular as necesidades de estacionamento e as previsións de tráfico rodado, os criterios para determinar a accesibilidade por vieiros das ambulancias e servizos sanitarios, así como as previsións temporais da Xunta para executar o Centro de Saúde unha vez o Concello ceda os terreos.

O Conselleiro aclarou que o novo centro substituirá ao actual, que quedará en desuso, pero non concretou en cifras as necesidades de prazas de estacionamento nin o número de profesionais que tería ese novo centro.

Accesibilidade

Respecto á accesibilidade informouse de que a situación máis idónea sería ao pé de estradas da rede primaria, é dicir, estradas estatais, autonómicas ou provinciais. E no relativo aos prazos previstos para construír o novo centro, a partires da cesión do terreo polo Concello, tampouco se deu ningún prazo estimativo.

A alcaldesa explicou que “nos vindeiros días, e cos datos que se nos facilitaron, avaliaremos os posíbeis terreos a ceder, e farémolo coordinadamente cos técnicos da Consellaría”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.