RGPD - Cookies
Galicia Vigo al minuto

Catorce persoas contribuirán á mellora dos servizos públicos de Covelo

O concello incorporará novos traballadores

Catorce persoas contribuirán á mellora dos servizos públicos de Covelo

O Concello de Covelo realiza nestes días as probas de comprobación de coñecementos para a selección de persoal ao abeiro do Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos 2022) da Deputación de Pontevedra.

Peóns

En concreto, estes días incorporará a 5 peóns forestais para servizo de xestión de biomasa forestal, prevención de incendios e mantemento de espazos públicos. Ademais permitirá a contratación de 4 peóns para limpeza, recollida do lixo e mantemento de traidas de augas; 2 condutores de camión do lixo; 2 peóns para mantemento e seguridade na piscina municipal e nas praias fluviais e 1 auxiliar administrativo para servizos públicos administrativos.

Mellora da calidade dos servizos municipais

O alcalde, Pablo Castillo, e a concelleira de Emprego, Lourdes Enes, amosan a súa satisfacción pola incorporación deste persoal que apoiará o traballo diario e contribuirá na mellora da calidade dos servizos municipais ao longo dos seis meses que durará o seu contrato.

“Trátase de persoas desempregadas que teñen a oportunidade de comezar a traballar e que suporán un importante apoio ao traballo diario das e dos nosos empregados municipais”, explica o alcalde.

También te puede interesar