Galicia Sucesos

9 anos de inhabilitación por prevaricación para o ex alcalde pedáneo de Bembrive

Contratou servizos e obras de xeito verbal sen licitación

9 anos de inhabilitación por prevaricación para o ex alcalde pedáneo de Bembrive

Roberto Ballesteros, ex alcalde pedáneo de Bembrive, aceptou 9 anos de inhabilitación para emprego ou cargo público, como autor dun delito de prevaricación administrativa.

Foi a sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra a que ditou a sentenza-que é firme-, nunha ‘vista de conformidade‘ na que o acusado recoñeceu os feitos.

Contratos verbais

Dacordo coa acusación, Ballesteros aprobou unha modificación de cédito por preto de 800.000€ para pagar servizos e obras realizadas entre 2013 e 2016 e que contratou de xeito verbal, sen licitación e sen seguir os procedementos legais establecidos.

También te puede interesar