Ciencia y Tecnología Destacados

Neurorradiólogos vigueses consolidan unha nova técnica neurovascular

Ata hoxe levan realizado 207 procedementos

Neurorradiólogos vigueses consolidan unha nova técnica neurovascular

Os neurorradiólogos do hospital Álvaro Cunqueiro veñen de engadir con éxito unha nova técnica o Acceso vascular radial distal; isto é, o achegamento á circulación intracranial a través dunha picada na base do polgar en vez da convencional na femoral ou na radial (na cara do pulso).

‘Entrada’ dende a base do dedo polgar e non dende a femoral

Segundo explica o neurorradiólogo Carlos Rodriguez, “o acceso clásico para as intervencións neurovasculares é o trasfemoral, aínda que en procedementos cardíacos desde hai anos vense utilizando o acceso radial. Agora, damos un paso máis co a estandarización da abordaxe a través da radial distal.

Trátase dunha nova técnica diagnóstica e terapéutica, cunha seguridade e eficacia xa contrastadas, e que “presenta máis vantaxes e menos complicacións que as anteriores”.

Menor sangrado e sen ingreso hospitalario

A aparición do tratamento endovascular do ICTUS, xerou a necesidade de atopar unha vía alternativa para aqueles pacientes que presentaban dificultades no acceso á circulación intracraneal desde a arteria femoral, por diferentes motivos.

Máis ventaxes

Hai dous anos os neurorradiólogos do Álvaro Cunqueiro realizaron a formación no acceso a través da radial distal, debido ás vantaxes que esta nova abordaxe presenta. En concreto, menor taxa de oclusión da arteria; mellor control do sangrado, e maior confort para  o  paciente e para o especialista que realiza a técnica.

Diagnósticos de xeito ambulatorio

Ademais, dado que é unha técnica con mellor control do sangrado, permite realizar os procedementos diagnósticos neurointervencionistas de xeito ambulatorio (co acceso femoral o paciente ten que ingresar ao menos  12 horas).

“Isto é moi importante e resultou crucial para o control da lista de espera durante a pandemia, na que se tiveron que limitar os ingresos que non foran por COVID”.

Líderes na formación desta técnica

A Unidade de Neurorradioloxía do Chuvi está sendo pioneira en Galicia no emprego esta nova técnica. Ata hoxe leva realizado mediante este abordaxe 207 procedementos: 170 anxiografías cerebrais diagnósticas, 9 trombectomías para ICTUS e 28 tratamentos de aneurismas intracraniais.

Curso a especialistas de toda España

Por isto, ante os resultados tan satisfactorios obtidos, os neurorradiólogos  da Área sanitaria de Vigo quixeron compartir esta experiencia con radiólogos doutras comunidades, interesados nesta formación.

 Así, veñen de celebrar un curso teórico e práctico no que participaron especialistas de toda España con interese en implantar este novo acceso endovascular.

También te puede interesar