Destacados Vigo al minuto

Marea de Vigo pide que se garanta un consumo mínimo gratuito de auga

Ante o aumento da inflación

Alertan da creación de tres novos impostos da Xunta ao consumo de auga

Co gallo do Día Mundial da Auga, día reservado por Nacións Unidas para a defensa ao dereito democrático a auga potable, Marea de Vigo fai un chamamento para a “implementación de políticas públicas encamiñadas ao coidado e conservación de recursos naturais fundamentais para a vida como é a auga, e á garantía de acceso universal a este recurso” afirma Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal.

Cobrar pola auga consumida

Marea de Vigo insiste, neste 2022, na necesidade de modificar a ordenanza municipal de abastecemento de auga potable e saneamento. Trátase dunha “ordenanza que foi modificada para supostamente alentar ao aforro en base á tarificación por consumo real”.

Pero, asegura Rubén Pérez, “nada mais lonxe da realidade pois na factura este aforro non se pode percibir ao ter pasado os gastos de consumo á cota fixa sinala Pérez

O voceiro de Marea de Vigo insiste en que “un cambio no sistema tarifario nun momento de fortes incrementos fiscais acabará reflectíndose tamén na factura da auga”.

Aposta por garantir un consumo mínimo

Marea de Vigo segue apostando por un sistema que garanta un consumo mínimo gratuíto de auga, “tal e como acontece en moitas cidades no conxunto do Estado.

Este sistema axudaría a que no caso de cronificación da situación económica das familias, estas non deixen de ter acceso a un dereito tan básico e universal como é o dereito a un suministro de auga potable sen cortes.

Riqueza hídrica de Vigo

Analogamente, neste ano 2022 o día mundial adícase á conservación e protección dos manantiais, augas subterráneas, así como toda a riqueza hídrica das nosas vilas. Vigo posúe unha riqueza hídrica que debe manterse e por isto tamén reclamamos de novo a eliminación no PXOM do vial que pretende atravesar dende Bembrive ata a VG-20 a través de Beade, Castrelos, Bembrive e Matamá“,

Rubén Pérez lembra que o mesmo “non conta con estudos rigorosos sobre como vai afectar o mesmo sobre dúas concas hidrográficas esenciais no noso municipio, a do río Eifonso e a do río Barxa”. Esta afectación, segundo o voceiro, “merece unha reformulación por parte do Goberno local sobre todo no eido medioambiental e en canto á conservación da riqueza hídrica, patrimonio natural fundamental para a nosa cidade”.

Marea de Vigo lembra que seguirá pulando pola remunicipalización do servizo como “medida para garantir un acceso á auga xusto e sostible”.

También te puede interesar