Comarcas

A Deputación destina máis de 500.000€ a Mos, Moaña, Baiona e A Cañiza

Trátase de achegas da liña 1 de Investimentos

A Deputación ven de aprobar novas subvencións por máis de medio millón de euros para catro municipios da provincia ao abeiro do Plan Concellos.

Trátase de achegas da liña 1 de Investimentos coas que os concellos de Baiona, A Cañiza, Moaña e Mos levarán a cabo proxectos de restauración, de captación de auga, de eficiencia enerxética e de mellora da seguridade viaria e mobilidade peonil.

Moaña

O concello de Moaña recibirá 250.566 € para financiar o acondicionamento e mellora da accesibilidade e a eficiencia enerxética do Pavillón Municipal de Reibón, unha actuación en liña co Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima e
en sintonía co principio de non causar prexuízo ao medio ambiente.

Mos

Mos contará con 133.964 € para a mellora da seguridade viaria e mobilidade peonil na EP-2601 Mos-Puxeiros. Esta actuación enmárcase no convenio asinado entre a Deputación e o Concello por valor de 446.543,39 € dos cales 312.582,77 € son asumidos pola institución provincial e 133.963,62 € polo goberno local.

Precisamente esta contía correspondente ao Concello é a que vén de ser aprobada pola Xunta de Goberno de tal xeito que o 100% da actuación de mellora da seguridade viaria e mobilidade peonil na estrada entre Mos e Puxeiros será
financiada con recursos da Deputación.

A Cañiza

No caso da Cañiza os recursos ascenden a 88.399 € para que o Goberno local poida realizar investimentos para a captación de auga para subministro ao depósito de Porto Augavella. A achega inclúe os recursos necesarios para
executar a obra pero tamén para aboar os custos da redacción do proxecto e os honorarios da dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde.

Baiona

E para Baiona o goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar 72.753 € para financiar o proxecto de restauración do palco de música no Parque da Palma.

Con estes recursos a vila pode financiar integramente a execución da obra e tamén aboar os custos dos honorarios da redacción do proxecto, da dirección de obra e da coordinación de seguridade e saúde.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.