Galicia Vigo al minuto

Coñece como podes conseguir a axuda da Xunta para optar a unha vivenda

Trátase dun novo encontro informativo do plan ‘Construindo Fogar’,

Este luns, día 21 de marzo, ás 10:30h. na Delegación da Xunta de Galicia en Vigo

Co asesoramento de especialistas e técnicos do Instuto Galego da Vivenda e Solo

-‘Construíndo Fogar’ está aberto a todos os veciños de Baiona, Cangas, Fornelos de Montes, Gondomar, Moaña, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Soutomaior e Vigo

Este luns, día 21, ás 10;30h. na Delegación da Xunta en Vigo (rúa Concepción Arenal, 8, planta baixa), expertos do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), explicarán que hai que facer para optar a algunha das mais de 30 liñas de axudas e incentivos que ten en marcha o Goberno de Galicia en materia de vivenda.

Construindo Fogar

Trátase dun novo encontro informativo do plan ‘Construindo Fogar’, aberto ao público e ao que están convocados representantes dos concellos de Baiona, Cangas, Fornelos de Montes, Gondomar, Moaña, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Soutomaior e Vigo.

Requisitos para optar ás axudas

Na reunión os asistentes recibirán información dos requisitos que teñen que cumprir para solicitar as axudas para vivenda; tamén poderán coñecer os trámites a realizar ante a Xunta para acceder aos incentivos dispoñibles este 2022: é dicir, tanto dos programas que xa están abertos como daqueles que se publicarán ao longo do ano.

Compra e alugueiro

Brindarase información sobre as distintas liñas de axudas para facilitar o acceso a unha vivenda en réxime de compra ou de alugueiro.

Rehabilitación de vivendas

Os especialistas do Instituto da Vivenda e Solo tamén falarán dos programas dispoñibles para a rehabilitación de vivendas en Galicia, a maioría deles, dirixidos aos particulares, e outros destinados aos concellos.

Camiños de Santiago

No encontro tamén se presentarán aqueles programas de axudas á rehabilitación supramunicipal dos Camiños de Santiago, xa que por Baiona, Mos, Nigrán, O Porriño, Redondela e Vigo discorre o Camiño Portugués, incluída a súa variante pola Costa.

Neste eido, os catro núcleos históricos da comarca situados en Baiona, Cangas e Vigo —Bouzas e Casco Vello— pódense beneficiar de forma específica da liña de incentivos exclusiva para estes ámbitos.

Animar a presentar solicitudes de axudas

A Consellería de Medio Ambiente considera fundamentais estes encontros, para dar a coñecer a existencia das liñas de subvencións dispoñibles e animar aos posibles beneficiarios a presentar unha solicitude, ofrecendo información directa, práctica e útil.

Nova oficina

Así mesmo, o encontro de Vigo servirá presentar a nova Oficina de rehabilitación de vivenda, posta en marcha recentemente pola Xunta para asesorar e dar a coñecer aos futuros beneficiarios os novos programas de axudas con fondos europeos en materia residencial.

Esta oficina xa está en funcionamento e permanece aberta de luns a venres polas mañás, en horario de 9 a 14 horas. Os interesados teñen a opción de facer consultas por teléfono, a través do número 881 045 897, o mesmo ao que hai que chamar para pedir cita previa en caso de preferir atención presencial.

También te puede interesar