Galicia Vigo al minuto

En marcha as obras para garantir a potabilidade da Fonte de San Sebastián no Porriño

Estaba pechada dor posibeis filtracións de fecais

Este mércores comezaron as obras de saneamento e acondicionamento da Fonte de San Sebastián, no Porriño, que permanece sen subministro tras detectarse contaminación na súa auga.

Filtracións de fecais

Os valores paramétricos que aparecían alterados nas analíticas correspondíanse con posibles filtracións de fecais (bacterias coliformes e microorganismos aerobios 22º), polo que foi preciso proxectar a canalización do caudal no tramo ata o grifo para impedir filtracións contaminantes e garantir a súa potabilidade.

Conexión coa rede de pluviais

Así, colocarase unha tubería de PVC de 75 x 10 atm. desde el la entrada a la mina para poder realizar os traballos precisos. Ademáis, acometerase a construcción dunha ‘arqueta’ á entrada da mina (xunto ao parque infantil) para a conexión da auga non potable coa rede de pluviais.

Valor patrimonial e funcional

«Esta fonte ten un gran valor, non só patrimonial senón tamén funcional, xa que son moitos os veciños e veciñas da vila que consumen esta auga cada día, polo que supón un gran perxuizo que non esté en funcionamento», explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, «Por iso estamos a facer o necesario para que o subministro se poida manter con todas as garantías sanitarias».

No mesmo sentido se explicou o concelleiro de Vías e Obras, Ramón Porto, «o importante é asegurar que a auga mantén a súa calidade e é apta para o consumo».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.