Galicia Vigo al minuto

Convocada folga no 061 da Área de Vigo

Catro días: 29 e 30 de marzo e do 1 ao 4 de abril

Investigan a diez personas por causar daños a ambulancias en Vigo, Baiona y Mos

A asemblea de traballadores de Ambulancias do Atlántico na área sanitaria de Vigo acordaron convocar folga no servizo programado e no 061 como resposta á negativa da empresa a readmitir a catro compañeiros despedidos sen xustificación”.

29 e 30 de marzo e do 1 ao 4 de abril

Deste xeito, o servizo de transporte sanitario urxente e programado da área sanitaria viguesa, que xestiona a
empresa Ambulancias do Atlántico, verase afectado pola convocatoria de catro xornadas de paro os vindeiros
días 29 e 30 de marzo e 1 e 4 de abril.

Protesta

A decisión do cadro de persoal da concesionaria deste servizo público adoptouse tras unha nova protesta
diante das instalacións da empresa en Mos o pasado venres, que foi apoiada por traballadores/as de
ambulancias doutras áreas sanitarias como Pontevedra ou Santiago.

Presión sindical

A presión sindical -con numerosas mobilizacións e o anuncio de folga indefinida a partir do 28 de marzo, que
presumiblemente será suspendida- fixo que Ambulancias do Atlántico abandonase o servizo do 061 na área
sanitaria de Santiago e logrou que a actual UTE que xestiona o servizo asumise a reincorporación do traballador
que fora despedido inxustamente nesta zona.

Catro despedidos

No caso de Vigo a empresa négase a readmitir a catro empregados aos que tamén se lles rescindiu o contrato
sen xustificación
a pesar de que a compañía non conta con persoal suficiente para cubrir baixas e descansos,
por iso o seus compañeiros optaron por convocar catro xornadas de folga para esixir a súa inmediata
reincorporación.

También te puede interesar