Comarcas Vigo al minuto

Nigrán instala 13 paneis ‘Metrominuto’ para promover os desplazamentos a pé

Trátase de mapas sinópticos que miden distancias e tempos camiñando

Nigrán instala 13 paneis 'Metrominuto' para promover os desplazamentos a pé

O Concello de Nigrán ven de instalar 13 paneis ‘metrominuto’ por todas as zonas urbanas (Nigrán, A Ramallosa e Panxón) como ferramenta para incentivar os desprazamentos a pé fronte ao emprego do vehículo.

Códigos visuais dos planos de metro

Trátase de mapas sinópticos que miden distancias e tempos camiñando entre diferentes puntos significativos. Os mesmos empregan no seu deseño os códigos visuais dos planos de metro (como aceno a un dos medios de transporte máis significativos das grandes urbes, suxerindo o ir a pé como outro medio igual de valioso).

‘Cidades que camiñan’

Nigrán obtivo os seus ‘metrominutos’ a través da rede Ágora da Deputación de Pontevedra, quedando o municipio integrado na rede ‘Ciudades que Caminan’ (asociación internacional de diferentes administracións que busca que os peóns sexan os verdadeiros protagonistas do espazo público).

Velocidade media de 5km/h

Os tempos de desprazamento foron calculados a unha velocidade media de 5 km/hora, o que sitúa o núcleo de Panxón a 17 minutos do centro de Nigrán; o esteiro de A Foz a 6 minutos da Ramallosa ou o Templo Votivo a 8 minutos do espazo deportivo Dunas de Gaifar.

“Desdramatizar” a cultura de camiñar

“O obxectivo é ‘desdramatizar’ a cultura de camiñar evidenciando o pouco que compensa coller o coche para moitos desprazamentos, sendo ademais algo saudable física e mentalmente”, explica o alcalde, Juan González. De feito, está demostrado que ao tratarse de distancias curtas e tempos breves, coa información que nos ofrece o Metrominuto nos predispoñemos mellor a camiñar ata o noso destino, priorizando así o medio pedestre.

‘Un Nigrán para todos’

“Ao fin de todo será un activo máis do noso programa ‘Un Nigrán para todos porque se trata de animar a empregar o espazo público, sempre tivemos claro que os peóns teñen a máxima prioridade, e así desenvolvemos as nosas políticas ao respecto”.

Xa hai anos, lembra o alcalde, “creamos rutas escolares seguras ao CEIP Humberto Juanes para que o alumnado fose camiñando e agora dirixímonos a toda a veciñanza para que comprenda que todo son vantaxes se ímos a pé a facer os recados, gañaremos en saúde e teremos un municipio máis amable para as persoas”.

También te puede interesar