Galicia Vigo al minuto

Redondela abrirá as remodeladas instalacións de Servizos Sociais de Chapela

Están deseñadas, específicamente, para a súa función

Redondela abrirá as remodeladas instalacións de Servizos Sociais de Chapela

O Concello de Redondela vén de rematar as obras de remodelación das dependencias de Servizos Sociais en Chapela.

Os traballos realizados, que contaron cun investimento de 175.329,00 euros (IVE incluído) con cargo aos fondos EDUSI Redondela 2020, tiñan como obxectivo facer unhas dependencias accesibles e funcionais.

Mellora enerxética

Asíe mesmo, incluíron tamén a adaptación e mellora enerxética das instalacións, de cara a reducir o custe do consumo eléctrico e o nivel de emisións de CO2.

Deseñadas específicamente para a súa función

A alcaldesa de, Digna Rivas salientou a importancia dos traballos realizados “que permitirán que tanto persoas usuarias como persoal municipal, poidan contar cunhas instalacións axeitadas, modernas, funcionais e deseñadas específicamente para este cometido función”.

Ata a súa apertura as oficinas provisionais están no Piñeiral do Crego

Mentres as novas instalacións non entren en funcionamento, as persoas usuarias seguirán sendo atendidas nas oficinas provisorias que o Concello habilitou no Multiúsos do Piñeiral do Crego. Alí, para garantir a privacidade das persoas usuarias, habilitouse unha entrada independente e directa aos Servizos Sociais.

También te puede interesar