Comarcas Vigo al minuto

Ponteareas da outro impulso á construción do novo Centro Cívico

Contará con 900 metros cadrados no centro mesmo da vila

Ponteareas da un novo impulso á construción do novo Centro Cívico

O Concello de Ponteareas vén de aprobar a licitación da redacción do proxecto do novo Centro Cívico. A iniciativa xa conta coa autorización de Patrimonio Cultural, e empeza, ao mesmo tempo, a elaboración de informes de eficiencia enerxética (IEE) e da dirección da obra do edificio situado na Praza Maior.

900 metros cadrados

A redacción do proxecto sae a licitación por 42.185€ e as empresas e profesionais interesados poderán presentar as súas propostas ata o vindeiro 16 de marzo ás 14.00 horas.

Esta nova instalación dotará á vila de 900 m2 para servizos municipais e actividades sociais, entre eles espazos para a mocidade, salas de reunións, espazos para obradoiros e cursos, servizo de atención temperá ou unha oficina de información.

O primeiro edificio público deste tipo

“Será o primeiro edificio público de Ponteareas con estas características. Con el queremos fomentar o encontro da veciñanza e apoiar o asociacionismo con espazos versátiles e flexíbeis no centro urbano”, salienta a alcaldesa Cristina
Fernández Davila.

Esta iniciativa permitirá rehabilitar un edificio do centro histórico adquirido polo Concello con fondos propios para “recuperar espazos para o tecido social e asociativo e para a veciñanza en xeral», explica a segunda tenente de alcaldesa, Chus Garrote.

Fondos Europeos

A rehabilitación deste edificio, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do programa EDUSI ‘Ponteareas, Hábitat Saudable’, ten coma obxectivo dinamizar a Praza Maior e a súa contorna, favorecendo a revitalización urbana e comercial do centro histórico.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.